Cristalería y carpintería de aluminio en A Coruña

Varandas

As varandas de cristal para terrazas, balcóns e escaleiras son o mellor substituto para as tradicionais de aluminio, ferro ou madeira, xa que non se deforman, non se oxidan e non perden a cor, proporcionando aos espazos estética e funcionalidade, pero permitindo ademais o paso da luz sen impedir as vistas.

O cristal a utilizar sempre é de seguridade e dependendo do tipo de conexión á obra, será laminado, templado ou ambos os dous á vez. Esta versatilidade do cristal permítenos realizar á medida as varandas, axustándonos case a calquera forma e esixencias da obra.

As conexións son de aluminio ou aceiro inoxidable, xogando cunha extensa gama de deseños. Ten grande importancia a decisión do tipo de sistema de suxeición que desexamos elixir xa que a súa colocación pode ser ao principio da obra ou ben a obra completamente rematada. A non elección do sistema no momento oportuno pode ter unha difícil ou imposible solución.

Todo o anteriormente dito, ábrenos ante un mundo de posibilidades no que a estética e deseño xogan un papel moi importante, podendo agrupar as varandas de cristal en tres grandes tipos:

 

VARANDAS DE CRISTAL ABOTOADAS Á ZANCA

Este tipo de varandas son as máis “limpas” visualmente, xa que a única perfilería son os conectores metálicos que unen a varanda de cristal á zanca ou viga. O vidro a utilizar é templado ou laminado templado, podendo ser transparente ou translúcido.

 

VARANDAS DE CRISTAL ENCASTRADAS NA ZANCA

A suxeición deste tipo de varandas conséguese mediante un aloxamento metálico na base, que pode quedar visible ao exterior ou encaixado, realizado en aluminio, aceiro inoxidable ou aceiro laminado, e que lle dá a firmeza e rixidez necesaria ao cristal. O vidro a utilizar neste tipo de varandas adoita ser laminado, transparente ou translúcido, aínda que tamén pode ser templado ou laminado templado.

 

VARANDA DE CRISTAL CON POSTES DE ACEIRO

Neste tipo de varandas os cristais van suxeitos mediante postes de aceiro inoxidable ancorados ao chan, ou a zanca se se trata dunha escaleira, podendo escoller entre multitude de modelos, ou mesmo o de fabricar o seu propio deseño. O noso departamento técnico asesorarao para determinar a distancia entre postes, o número de elementos e o tipo de ancoraxe. O vidro utilizado habitualmente neste tipo de varandas é o laminado de seguridade, transparente ou translúcido, de espesor entre 8 e 12 mm, segundo o modelo escollido.

Camarglass