Cristalería y carpintería de aluminio en A Coruña

Cubertas

Realizamos estudos personalizados para cada cuberta, tanto na elección da estrutura portante, coma no material a utilizar para cubrir o espazo, podendo elixir entre diferentes opcións:

-    Vidro – Trátase da opción máis duradeira e de menor mantemento. Posibilidade de elixir dende un simple vidro laminado de seguridade ata dobres acristalamentos con tratamento termoacústicos para espazos que requiran gran confort. O emprego do vidro como elemento de cubrición ten como grandes vantaxes a achega de gran luminosidade e a súa doada limpeza respecto outros materiais. (Saber máis)

-    Policarbonato celular – Trátase dun material plástico con pequenas cámaras que o converten nun elemento moi lixeiro, pero resistente fronte as inclemencias do tempo. Actúa como un bo illante térmico e é, á vez, resistente á rotura e dificilmente inflamable. A súa estrutura alveolar varía en función do groso do material escollido e entre os acabados máis utilizados para realizar cubertas temos:

  • Transparente ou incoloro – Como o seu nome indica é o que maior porcentaxe de luz deixa pasar ao interior.
  • Branco xeo ou translúcido – Deixa pasar a luz pero non se ve a través, xa que ten unha cor esbrancuxada. Pode levar tratamento reflectante para protexer fronte os raios ultravioleta e mellorar o confort térmico no espazo cuberto.

-    Panel sándwich – Trátase dun material formado por dúas chapas, normalmente de aluminio, cun illante a base de poliuretano inxectado entre elas. Utilízase para cubertas cegas, é dicir onde non se quere que pase a luz. Destaca como illante térmico e por ser un produto resistente e lixeiro. Pode levar os mesmos acabados que calquera perfilería de aluminio, é dicir dende lacado en calquera cor, ata anodizados ou imitación madeira.

 

Camarglass