Cristalería y carpintería de aluminio en A Coruña

Empresa

Historia

Camarglass S.L.U. inicia a súa actividade en 1989 como unha pequena cristalería dedicada á venda e colocación de vidro plano, abrindo para iso unha pequena tenda no coñecido barrio coruñés de Monte Alto, hoxe aínda funcionando como oficina e punto de atención ao cliente.
Coñecedores dos avances do mercado, e coa inquietude de ampliar aquela empresa familiar, tanto en volume de negocio como zona de influencia, abrimos en 1994 unha nova nave no Polígono Industrial de Espíritu Santo (Cambre), que nos permitiu dispoñer de tecnoloxía avanzada para a actividade, aumentando ano tras ano o parque de maquinaria, para poder satisfacer de xeito profesional as necesidades dos nosos clientes.
Dende 2007 ampliamos a nosa actividade coa fabricación de carpintaría de aluminio, un proxecto que foi consolidándose e crecendo de forma sostida, tanto en unidades fabricadas coma en nivel tecnolóxico empregado nestas.
O noso entusiasmo por un bo servizo e atención ao cliente, foron as claves que sempre guiaron a nosa empresa, poñendo á súa disposición un completo e eficaz equipo de profesionais co obxectivo da calidade no produto. Así foi ao longo destes anos e así queremos que continúe sendo.

Instalacións

  • Camarglass Sede A Coruña
  • Camarglass Sede Cambre

Situación

A CORUÑA – Carretera de Circunvalación 6 Bajo – 15002 A Coruña
Tel/Fax: 981225125

CAMBRE – Polígono Industrial Espíritu Santo – Rúa Nobel 6 – 15650 Cambre
Tel/Fax: 981649101

Camarglass