Espello
Realizamos e instalamos espellos á medida, xa sexa rectos, con forma, canteados, biselados ou gravados ao gusto do cliente.
Os espellos ademais de ter a función de reflectirnos e achegar amplitude ás estanzas, son un elemento de decoración, que unido ás distintas manufacturas e tipos de espello, o converten nunha solución moi polivalente.
Respecto á instalación, pódese realizar de varias formas: Pegados á parede, pegados sobre un marco que o separe da parede, pegados sobre portas de madeira, ou suxeitos con accesorios, pero en calquera caso asesorámoslle sobre cual é a elección máis adecuada no seu caso.
Dispoñemos de todos os tipos de espellos:
- Espello prata de 3 milímetros
- Espello prata de 5 milímetros
- Espello Gris
- Espello Bronce
- Espello Laminado
Medidas de prancha: 3210 x 2520 mm. (Para medidas maiores consultar).