Cristalería y carpintería de aluminio en A Coruña

Fachadas e escaparates

Fabricamos e instalamos todo tipo de cerramentos, asesorando os nosos clientes dende o deseño ata a elección do sistema que mellor se adapte ás súas necesidades, tanto na serie de aluminio coma nas prestacións térmicas e acústicas do vidro.
Poñemos ao seu alcance as últimas solucións en cerramentos de locais comerciais, terrazas, balcóns, soportais, tendedeiros, etc e achegámoslle 25 anos de experiencia para que, xunto ás súas ideas e os requirimentos do proxecto, poidamos darlle vida a ese espazo dun xeito elegante sen perder nunca a funcionalidade e comodidade do cerramento.

Vantaxes

  • Posibilidade de escoller a perfilería en gran cantidade de cores, tanto lacados como anodizados, incluíndo a imitación a madeira.
  • Trátanse de sistemas que permiten unha rápida instalación.
  • Só utilizamos materiais que garantan a súa inalterabilidade tanto co paso do tempo como coas condicións climáticas.
  • Óptimo illamento termo acústico e de estanquidade, potenciado co uso de perfilerías con rotura de ponte térmica e vidros de baixa emisividade.
  • Presupostos sen compromiso, axustándonos sempre ao momento para ofrecerlle unha inmellorable calidade-prezo.
  • Asesoría e servizo postvenda.

 

Camarglass