Proxectante deslizante
O sistema de apertura proxectante deslizante é aquel que abre cara ao exterior e cuxo eixe de xiro está situado horizontalmente na parte superior da folla, pero que a diferenza das practicables, nestas ventás o eixe de xiro se despraza cara a abaixo ao abrilas, xa que cada folla está dotada dunha parella de compases situados lateralmente, e que ao ser accionados, desprazan a folla cara a fóra e cara a abaixo simultáneamente.