Vidrio lacado cor
Trátase dun vidro incoloro lacado (pintado) por unha das súas caras cunha pintura termo endurecida, a cal produce sobre o vidro claro o efecto dun vidro coloreado e brillante.
Cunha ampla gama de cores, fan deste vidro un elemento de decoración e deseño cunha multitude de aplicacións, como o forrado de paredes e piares, mesados de mesas, frontes de cociña, etc.
Características:
- A súa aplicación é para interior aínda que resiste os raios U.V.
- Pódese laminar aínda que non pola cara lacada.
- Pode ser fixado con fitas adhesivas de dobre cara ou siliconas neutras.
- Límpase doadamente cun pano e con produtos de limpeza habituais para o vidro (neutros e sen compoñentes abrasivos).
- Debe instalarse sobre unha superficie opaca, coa cara lacada sempre contra a parede.
- Medidas de prancha ata 3210 x 2550 mm