Cristalería y carpintería de aluminio en A Coruña

Vidrio laminado cor

Cando queremos conxugar seguridade e cor nun só vidro, o laminado con butiral de polivinilo de cor é a mellor solución. As posibilidades de cores son tan extensas que dependen da necesidade do cliente, podendo ademais ser en cores sólidas, translúcidas e semitranslúcidas.
As aplicacións poden ser do máis variado: Revestimentos, varandas, mesados, pavimentos, escaparates, portas…

Características:

  • É perfecto tanto para interiores como exteriores, en lugares públicos ou privados onde se requiran os máis estritos estándares de seguridade.
  • Posibilidade de combinalo con outras prestacións como butirais acústicos, vidros extraclaros (Sen a tonalidade verdosa propia do vidro), vidros antideslizantes, etc.
  • Pódense obter cores personalizadas pola combinación de multiples intercalarios.
  • Límpase doadamente cun pano e con produtos de limpeza habituais para o vidro (neutros e sen compoñentes abrasivos).
  • A súa impecable aparencia non se deteriora co tempo.
  • Medidas de prancha ata 3210 x 2400 mm. (Maiores consultar).

 

Camarglass